Eventos

Ribadavia terá un novo Malgosto

A localidade de Ribadavia terá un novo Malgosto baixo a organización da Asociación Arteficial e a colaboración do concello.

«O magosto que sae mal» celebrarase o sábado, 30 de novembro, na Igrexa da Madalena.

Ribadavia terá un novo Malgosto

Este evento, baseado nas tradicionais romarías, verbenas e foliadas, terá lugar no conxunto histórico de Ribadavia para contribuír á súa revalorización.

A fusión de tradición e modernidade que pretende Arteficial contará con numerosas actividades nas que non faltarán a comida e a música. Pandeiretas, cantos de taberna e un obradoiro de baile tradicional forman parte da programación do Malgosto 2024.

Ribadavia terá un novo Malgosto

Entre os grupos que actuarán atopamos ós locais «La Huella del Gato», Grima ou DJ Conde.

Botón volver arriba