Ribeiro en Común solicita un debate entre os candidatos á alcaldía de Ribadavia para ofrecer ós cidadáns unha mellor información sobre os distintos programas.
Mediante unha carta enviada ás distintas candidaturas, Ribeiro en Común solicitou a realización dun debate electoral que tería como escenario o Club Artístico de Ribadavia.
Ribeiro en Común solicita un debate entre os candidatos
Este acto permitiría mostrar e debater sobre os programas que presentan os partidos ás eleccións municipais do 28 de maio.
Entre as propostas que presenta Ribeiro en Común, a formación destaca cinco medidas que terían un carácter urxente.
- Un novo servizo público da auga: comezando por un NOVO PREGO DE CONDICIÓNS que inclúa INVESTIMENTOS na rede de Ribadavia.
- Cambio no departamento de urbanismo QUE DEA SOLUCIÓNS aos veciños e non atrancos: creación dunha nova praza de ARQUITECTURA.
- Desbloquear as ampliacións das Termas de Prexigueiro.
- Impulso desde a Alcaldía da nova Residencia de Maiores.
- Reforzo do servizo de limpeza viaria e creación do servizo de xardinería.