O ourensán Roberto Pascual (O Carballiño, 1981) gaña o premio Rafael Dieste de Textos Teatrais 2021 que organiza a Deputación da Coruña.
Enorme recoñecemento á labor realizada por Roberto Pascual ó ser elixido como gañador polo xurado da XX edición do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais. Este premio conta cunha importante lista de galardoados ós que se suma agora o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Roberto Pascual gaña o premio Rafael Dieste
Roberto Pascual recibe o premio pola obra «Sophie non é o meu nome de guerra». Segundo indica o xurado no seu fallo, a obra é «un texto poético para unha historia descarnada que trata temas de máxima actualidade como é a migración feminina». Ademais, o xurado destacou que «a historia está contada de xeito innovador, con calidade literaria e constrúe unha personaxe feminina moi complexa».
O Xurado da XX edición do Premio Rafael Dieste estivo formado por:
- Paula Carballeira, dramaturga,
- Cristina Domínguez, vicedirectora da ESAD,
- Iria Pinheiro, actriz,
- Marta Pérez, actriz e creadora escénica,
- Fernando Castro Paredes, gañador da edición anterior,
- Xurxo Couto, deputado de Cultura, en calidade de presidente do xurado e
- Manuela Muñiz, xefa de Sección de Cultura, en calidade de secretaria.
Un comentario