Rotundo éxito das Xornadas de Folclore que onte tiveron o seu último acto coa clausura da XXXVII edición no Castelo de Ribadavia.
Cesar Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, destacou o «rotundo éxito dunhas xornadas consolidades coma a cita folclórica estival de referencia en Galicia».
Rotundo éxito das Xornadas de Folclore
As Xornadas de Folclore de 2022 percorreron as diferentes vilas da provincia tendo en todas elas unha gran acollida de público. O Carballiño, Celanova, Bande, A Rúa, Allariz, Maceda, Manzaneda, Castro Caldelas, Viana do Bolo, Entrimo, Trives, O Barco, Xinzo de Limia, Verín, Ourense e Ribadavia foron os diferentes escenarios que acolleron esta mostra cultural.
Os asistentes ós distintos espectáculos gozaron coa representación cultural dos grupos participantes. Estes grupos procedentes de Chile, Colombia, Costa de Marfil, Timor Oriental, México e Indonesia percorreu a provincia mostrando a súa cultura tradicional.
Xulio Fernández, director artístico das Xornadas, destacou que «o resultado é moi satisfactorio». Tras dous anos de parón «estábamos desexosos de poder celebrar de novo este evento».