Noticias

Rueda compromete varias inversións para a cidade de Ourense

Alfonso Rueda, candidato do PP á presidencia da Xunta de Galicia, compromete varias inversións para a cidade de Ourense tralas eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

O Acordo que recolle estes compromisos foi asinado polo actual presidente da Xunta de Galicia e candidato do PP e por Luís Menor, presidente do Partido Popular de Ourense.

Rueda compromete varias inversións para a cidade de Ourense

Entre os compromisos asinados teñen un espazo maioritario os que teñen relación co ámbito sanitario. A construción do Centro de Saúde de Mariñamansa, o novo acceso ó CHUO desde a N-525 ou rematar a reforma do Complexo Hospitalario de Ourense suporán unha inversión de máis de 70 millóns de euros.

A construción de vivenda pública, a posta en marcha dun Plan de Transporte público da Área Metropolitana, a apertura do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade ou a construción do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense tamén figuran no documento. O compromiso asinado entre os dirixentes populares suporá unha forte inversión na cidade de Ourense.

Rueda compromete varias inversións para a cidade de Ourense

Mostramos a continuación o documento.

Botón volver arriba