Noticias

A Sala Valente acolle a exposición sobre Roberto Verino

A Sala Valente da cidade de Ourense acolle desde onte a exposición sobre os 40 anos de traxectoria profesional de Roberto Verino.

Máis de 400 persoas acudiron ás instalacións do antigo Banco de España para acompañar ó deseñador Roberto Verino no acto de inauguración da exposición.

A Sala Valente acolle a exposición sobre Roberto Verino

«Nesta cidade que é como a niña segunda casa, a moda é un motor de innovación social, industrial e económico fundamental e transformador». Esta frase foi unha das principais citas que Roberto Verino dixo durante o acto de inauguración.

A Sala Valente acolle a exposición sobre Roberto Verino
Roberto Verino no acto de presentación. Foto: Brais Lorenzo

Acompañado do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e do Director Xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez, Roberto Verino presentou a exposición audiovisual de #estiloverino. «Admito, e encántame confesalo que unha mostra audiovisual coma esta pon o valor da beleza atemporal, da idea de que investir en roupa de calidade, afastada das trepidantes tendencias, sempre é un acerto», sinalou Roberto Verino.

Ante unha sala ateigada de xente, Verino destacou que «a moda é fonte de inspiración para moitos axentes sociais e a cidade de Ourense é boa testemuña deste fenómeno». Ademais da exposición na Sala Valente, tamén se colocaron 10 tótems na Rúa do Paseo.

Roberto Verino dirixíndose ós asistentes. Foto: Brais Lorenzo

Tras unha primeira parada en Verín no ano 2022, a exposición visitou varias cidades de España. A Coruña, Santiago, Oviedo, Burgos, Santander, Valencia, Madrid e Barcelona acolleron esta exposición ata chegar a súa derradeira parada na cidade de Ourense. As persoas interesadas en visitar esta mostra audiovisual poderán facelo ata o próximo 25 de maio.

Botón volver arriba