Noticias

Sarín Núñez levará ó pleno de Barbadás o estado de varias rúas da Valenzá

Sarín Núñez, concelleiro do BNG, levará ó próximo pleno do concello de Barbadás o estado de varias rúas da Valenzá que sufriron danos durante as fortes choivas.

A travesía do Viso e a rúa San Bernabé son as dúas rúas polas que o BNG exporá no pleno municipal a necesidade dunha correcta actuación.

Sarín Núñez levará ó pleno de Barbadás o estado de varias rúas da Valenzá

«É coñecido por todas e todos que a situación na que se atopan estas rúas non é a acaida cando chove pois son moi frecuentes os anegamentos de garaxes co conseguinte prexuízo para a veciñanza, unha veciñanza que de feito, saca os vehículos dos garaxes cando chove para evitar males maiores», indica Sarín Núñez.

Sarín Núñez levará ó pleno de Barbadás o estado de varias rúas da Valenzá

O portavoz do BNG pedirá ó concello que «adopte todas as medidas necesarias para minimizar os efectos das chuvias como pode ser o establecemento dunha limpa periódica dos distintos rexistros de pluviais ou mesmo coa instalación de máis rexistros de pluviais ao longo destas rúas e alí onde sexa preciso».

Botón volver arriba