Noticias

Seixalbo recolleu firmas para manter as actividades de conciliación

A veciñanza de Seixalbo recolleu firmas para manter as actividades de conciliación que se realizan nos centros cívicos do concello de Ourense.

Ante a proposta inicial de pechar o servizo de ludoteca o 1 de marzo, o concello de Ourense anunciou finalmente a súa continuidade ata final de curso.

Seixalbo recolleu firmas para manter as actividades de conciliación

A Asociación Veciñal de Seixalbo presentou un escrito para pedir que se mantivese en funcionamento este programa de conciliación. Ó mesmo tempo, pedía que se presentase «a maior brevidade as Actividades de verán para conciliación familiar nos Centros Cívicos correspondentes a este exercicio 2024«.

Coñecer con antelación o funcionamento destes servizos proporciona ás familias un tempo valioso para organizar a conciliación familiar e laboral.

Seixalbo recolleu firmas para manter as actividades de conciliación
Imaxe dun Centro Cívico de Ourense

Ante esta situación, algúns veciños de Seixalbo iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas que contou coa colaboración de todas as familias afectadas dos distintos Centros Cívicos da cidade. Isto permitiu presentar no rexistro municipal un total de 1.133 sinaturas.

O escrito que acompaña ás sinaturas recollidas indica:

«… en evitación da incertidumbre que en relación a esta problemática ocorre cada certo tempo, e esperando que a presente sexa do seu interese, solicitase o compromiso do Concello coa realización das actividades que se desenvolven nos centros cívicos da cidade, dirixidas os máis cativos, propiciando así a Conciliación familiar, non só durante todo o que resta de curso escolar, senón programando as actividades de verán que nos últimos anos se viñan a convocar, así como as dos vindeiros exercicios»

Botón volver arriba