A Semana Santa 2026 en Xunqueira de Ambía desenvólvese cun completo calendario de actos litúrxicos e procesións que abranguen desde o 28 de marzo ata o 5 de abril, mantendo unha fonda tradición relixiosa e participación veciñal.
A programación arrinca o sábado 28 de marzo ás 17:30 h cunha celebración penitencial, na que haberá varios sacerdotes confesando.
Xunqueira de Ambía celebra a Semana Santa 2026
O Domingo de Ramos, 29 de marzo, celebrarase ás 12:00 h a tradicional bendición de ramos na Praza do Palacio, seguida da procesión ata a Colexiata e a misa.

Xa no Xoves Santo, 2 de abril, os actos comezarán ás 19:30 h coa Santa Misa da Cea do Señor. A continuación celebrarase a procesión do Nazareno. Pola noite, ás 22:00 h, terá lugar a Hora Santa.
O Venres Santo, 3 de abril, inclúe ás 19:30 h a celebración da Paixón do Señor. Deseguido desenvolverase o desencravo do Santo Cristo e a procesión do Santo Enterro, acompañada por música. Xa ás 23:00 h celebrarase a tradicional procesión dos caladiños.
O Sábado Santo, 4 de abril, ás 00:00 h, está previsto o Santo Viacrucis na igrexa, mentres que o punto culminante chegará o Domingo de Resurrección, 5 de abril, ás 12:00 h, coa procesión do Santo Encontro, o traslado da imaxe de San Pedro Mártir e a misa de Pascua, tamén con acompañamento musical.


