Eventos

Sete librerías saen á rúa polas Letras Galegas

Sete librerías de Ourense saen á rúa polas Letras Galegas para mostrar un amplo catálogo de libros en galego nesta data tan sinalada.

A Agrupación de libreiros de Ourense instalará unha carpa diante do Centro Municipal José Ángel Valente. Será nesa localización onde se darán cita as sete librerías que participan nesta proposta cultural.

Sete librerías saen á rúa polas Letras Galegas

As librerías que participan nesta actividade das Letras Galegas aproveitarán a ocasión para agasallar cun marca páxinas os asistentes. Ademáis, os escritores Eduardo Bahamonde e García Maña estarán asinando as súas obras.

Sete librerías saen á rúa polas Letras Galegas

Librerías participantes no acto:

  • A Nova
  • Khatedra
  • La Librerías
  • Nobel
  • Padre Feijoo
  • Punto e coma
  • Zampacontos

As doce da mañá está prevista unha lectura das obras de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Durante o resto do día tamén se realizarán lecturas das obras de autores homenaxeados con anterioridade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba