Os representantes socialistas no concello de Ourense apoian o movemento Free Lusquiños para promover a apertura deste espazo para a mocidade.
Natalia González Benéitez, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Ourense, e a concelleira Alba Iglesias reuníronse cun grupo de mozos e mozas que reivindican a apertura do edificio.
Os socialistas apoian o movemento Free Lusquiños
«Trátase dunhas instalacións ás que lle temos especial aprezo, non o podemos negar, e que supoñían unha oportunidade para a xuventude da cidade que atopaba entre as súas paredes un lugar para o ocio e a formación» indica González Benéitez.
A mocidade demanda a reapertura dun edificio no que os grupos de música podían realizar ensaios. Nas últimas semanas están aparecendo varias iniciativas que solicitan solucións ó peche deste espazo.

«A aposta de Jácome e o seu equipo pola xuventude é nula. Temos solicitado en múltiples ocasións que se convoque o Consello da Xuventude e que se escoiten as necesidades, demandas e ideas da xente nova mais con escaso éxito. Tampouco se ofertan máis que orquestras e a carteira municipal correspondente carece de actividade. Non entenden que a mocidade ten máis inquedanzas que as charangas» conclúen Benéitez.