Noticias

Solicitan axuda para os refuxiados que chegarán a Ribadavia

Desde o Concello e a entidade organizadora desta iniciativa solicitan axuda para os refuxiados que chegarán a Ribadavia a principios da semana que ven.

Está previsto que un autobús chegue a Ribadavia entre o luns 28 e o martes 29 de marzo con 9 mulleres e os seus fillos e fillas. Procedentes de Ucraína, foxen da guerra que asola o seu país.

Solicitan axuda para os refuxiados que chegarán a Ribadavia

Cented Team, en colaboración co Concello de Ribadavia, fai un chamamento para cubrir as principais necesidades destas familias. O seu aloxamento será no convento dos Franciscanos de Ribadavia pero para garantir unhas condicións adecuadas para adultos e menores é precisa a solidariedade dos veciños.

Na imaxe adxunta está recollida unha lista cos produtos máis necesarios nestes primeiros momentos. Electrodomésticos, louza, alimentos, xoguetes, roupa e produtos de hixiene forman parte desta petición solidaria.

Solicitan axuda para os refuxiados que chegarán a Ribadavia

A recollida das donacións será no mesmo convento dos Franciscanos de Ribadavia en horario de 11 a 13h e de 16 a 19h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.