Solicitan desde o BNG a comparecencia do director de Recursos Humanos do concello de Ourense para explicar como afecta a sentencia que anula as contratacións dos últimos anos.
A sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo que anulaba o Capítulo I do Orzamento do ano 2020 afecta directamente a varios traballadores municipais.
Solicitan a comparecencia do director de Recurso Humanos
Esta sentenza indicaba «que se anulen os actos e as disposicións que foron aprobadas en materia de persoal pola entidade local no exercicio 2020 sen a negociación obrigatoria coa parte sindical; o que afecta aos postos de traballo de nova creación nos anos 2020, 2021 e 2022, pero tamén aos que foron modificados ou amortizados ou aos eventuais adaptados a aqueles exercicios sen a obrigatoria negociación coa parte sindical».
Por este motivo, o grupo municipal do BNG solicita que «o Director Xeral de recurso Humanos do Concello de Ourense compareza na vindeira Xunta de Área de Persoal para explicar cales son as consecuencias desta sentenza, a cantas persoas afecta e como teñen previsto executala».

«Sabíamos que as consecuencias económicas eran as máis inmediatas e visibles mais intuíamos que non ían ser as únicas» lembran desde o BNG.