Desde o grupo municipal do BNG solicitan a creación de equipos femininos en Barbadás nas modalidades que actualmente oferta o concello.
«As rapazas deixan de participar nas equipas mixtas a partir dos 12 anos. É aí cando deixa de existir unha igualdade de oportunidades reais para as mozas e os mozos do noso Concello. Destínanse uns 700.000 € ao ano para as distintas escolas deportivas, que practicamente vai para os rapaces» indica Sarín Núñez.
Solicitan a creación de equipos femininos en Barbadás
Ante esta situación, o Bloque Nacionalista Galego de Barbadás solicitará no próximo pleno a creación de equipos femininos nas distintas especialidades que existen na Escola Municipal de Deportes de Barbadás. «En Barbadás unha rapaza que quere xogar ao fútbol ten que marchar ao EFRosalia de Ourense ou ao Carballiño».
