Solicitan á Xunta de Galicia a rehabilitación da Ponte de San Francisco, titular da mesma, ante o estado que presenta esta infraestrutura.
O grupo municipal de Ribeiro en Común presentará unha moción para instar ó concello a solicitar esta actuación por parte da Xunta de Galicia.
Solicitan a rehabilitación da Ponte de San Francisco
A limpeza e mantemento desta ponte corresponde á Xunta de Galicia ó ser titular da mesma. Desde Ribeiro en Común lembran que é responsabilidade do goberno municipal reclamar e demandar á esta institución as actuacións necesarias.
Entre as tarefas que precisa esta ponte están a mellora da seguridade, a limpeza, adaptación a normativa vixente do cableado e tubaxes e elaboración dun proxecto de rehabilitación.