Noticias

Susana Seivane actuará o 17 de maio en Ourense

Susana Seivane actuará o mércores, 17 de maio, na Praza maior de Ourense con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

O concello de Ourense anunciou dous concertos para celebrar o día das Letras Galegas que este ano homenaxean a Francisco Fernández del Riego.

Susana Seivane actuará o 17 de maio en Ourense

Ás 19h, o Coro Xuvenil Cantiga ofrecerá un concerto na Praza Maior. Será ás 19:30h cando de comezo o concerto de Susana Seivane no que interpretará algunhas das pezas incluídas nos seus sete discos. Desta forma, o concello de Ourense celebra o Día das Letras Galegas, unha xornada onde se pon en valora literatura galega.

Susana Seivane actuará o 17 de maio en Ourense

Ese mesmo día, 17 de maio, o concello colabora coas festas do Couto proporcionando a orquestra Panorama. Na edición de 2022, as festas do barrio do Couto congregaron a miles de persoas sendo un éxito de participación.

Botón volver arriba