Noticias

Un Entroido «de toda a vida»

O concello de Xinzo prepara para este ano 2023 un Entroido «de toda a vida» tras os últimos anos nos que a pandemia condicionou a celebración desta festa.

Esta festa, declarada de interese turístico internacional, terá nesta edición unha programación tradicional. Es liñas xerais do programa de entroido de Xinzo de Limia foron mostradas na presentación do evento.

Un Entroido «de toda a vida»

Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo de Limia, Ramiro Rodríguez, concelleiro de cultura, e os representantes da Comisión organizadora, Adriana Jiménez e Camilo Vila presentaron o Entroido 2023 de Xinzo de Limia. «Levamos meses traballando sen descanso para que o concello viva uns días entrañables nos que ninguén será forasteiro», indicou Elvira Lama.

Ramiro Rodríguez, concelleiro de cultura, foi o encargado de mostrar as actividades principais que poderemos gozar no entroido deste ano. Dende o petardazo do día 28 de xaneiro, Xinzo converterse na Capital do Entroido cunha premisa clara: «o Entroido é por e para os veciños».

Entre as datas a destacar no Calendario do Entroido de Xinzo de Limia atopamos:

  • Petardazo – sábado, 28 de xaneiro
  • Fareleiro – domingo, 29 de xaneiro
  • Colgamento do Meco – sábado, 4 de febreiro
  • Oleiro – domingo, 5 de febreiro (pola mañá para os nenos e pola tarde para adultos)
  • Corredoiro – domingo, 12 de febreiro
  • Desfile infantil – venres, 17 de febreiro (participación dos centros educativos do concello)
  • Desfile – martes, 21 de febreiro (pola mañá, con 4.000 euros en premios para comparsas e disfraces individuais)
  • Piñata – domingo, 26 de febreiro

Unha palabra que se repetiu durante a presentación do Entroido de Xinzo foi «sentimento«. Adriana Jiménez fixo referencia a que «este sentimento cobra forza este ano porque recuperamos os festexos tradicionais, pero sempre vai con nós».

Marta Rodríguez, deseñadora de Xinzo de Limia, é a autora do cartel do Entroido deste ano.

Un Entroido "de toda a vida"

Botón volver arriba