Noticias

Un espazo para recuperar en Ribadavia

Un espazo situado na Praza García Boente está listo para recuperar a súa mellor cara en Ribadavia por medio da acción da concellería de Urbanismo e Casco Histórico.

Tras recuperar do estado de abandono que presentaban un forno público e outro solar no casco histórico, o concello de Ribadavia inicia a recuperación dun novo solar.

Un espazo para recuperar en Ribadavia

A familia propietaria deste solar cedeu de forma gratuíta ó concello esta superficie. Desta forma, Ribadavia contará cun novo espazo público cando rematen os traballos de recuperación. Nunha primeira fase procederase á limpeza do solar mediante o desbroce e retirada do cercado de madeira. Tras esta primeira limpeza, asegurar os muros da edificación será prioritario. A colocación de adoquín no chan do solar permitirá rematar os traballos previstos.

Un espazo para recuperar en Ribadavia

A localización deste espazo ó carón do Museo Etnolóxico outorga un valor engadido á inversión que realiza o concello. Os traballos de limpeza e recuperación deste solar terá un custe de 15.000 euros para as arcas municipais.

Botón volver arriba