Noticias

Unha «folla sen ruta dun Ourense irreal»

Unha «folla sen ruta dun Ourense irreal» é a resposta que as concelleiras do PSdeG-PSOE de Ourense dan ó anuncio da axenda do alcalde.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciaba a axenda política para o que queda de mandato e non tardaron en chegar as primeiras reaccións.

Unha «folla sen ruta dun Ourense irreal»

«O noso Ourense ideal non pasa por ter a un alcalde que sexa incapaz de poñer na súa axenda política nin unha soa medida de carácter social para esta cidade ata o ano 2027. E tampouco pasa porque o único que demande, ante a Xunta de Galicia, sexan unhas cantas árbores e un parque acuático que nunca se vai a realizar» indicou a concelleira Natalia González.

A portavoz do PSdeG-PSOE tamén fixo referencia a que o alcalde «converteu a institución nunha empresa privada» e á responsabilidade do Partido Popular. «É importante non esquecer que o PP é o responsable de que gobernase ata en dúas ocasións» recordou González Benéitez.

Unha "folla sen ruta dun Ourense irreal"
Alba Iglesias, Natalia González e María Fernández
Foto: PSdeG-PSOE

A concelleira María Fernández puxo o foco nun «discurso absolutamente demagóxico» baseado en «falsedades e mentiras a medias». O PXOM e unha correcta planificación foron as prioridades que destacou a concelleira Alba Iglesias. «É imprescindible un novo PXOM e tamén é indispensable ter en conta a previsión de crecemento da poboación, a previsión do emprego e medidas para xeralo ou dispoñer de chan industrial ou ter en conta os plans especiais e específicos de cada zona«.

Botón volver arriba