Noticias

Unha mellor cohesión da Universidade coa cidade

Os integrantes da lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense pretenden unha mellor cohesión da Universidade coa cidade mediante o soterramento da Avenida Otero Pedrayo.

Esta vía, considerada na actualidade unha das principais arterias da cidade, contribúe á sensación de illamento do Campus de Ourense.

Unha mellor cohesión da Universidade coa cidade

Tras visitar este «punto neurálxico de entrada a cidade», a candidatura do PSdeG-PSOE por Ourense mostraron a súa vontade de mudar o estado desta zona. «Estamos falando dunha estrada, a OU-536 ao seu paso pola cidade, pola que circulan a diario máis de 15.000 vehículos, pois é a principal vía de comunicación cos polígonos industriais das contornas, urbanizacións e concellos moi vencellados á cidade de Ourense».

Unha mellor cohesión da Universidade coa cidade
Integrantes da candidatura na Avenida Otero Pedrayo.
Foto: PSdeG-PSOE

Carmen Rodríguez Dacosta, cabeza de lista, recordou que o soterramento da Avenida Otero Pedrayo «xa era unha necesidade que o concello de Ourense, gobernado polos socialistas, e a Universidade de Vigo asumiron no ano 2008». Cun goberno de José Ramón Gómez Besteiro, os socialistas comprométense a apostar polo soterramento. Este proxecto serviría para lograr a «humanización da zona, o aumento dos espazos verdes, por lograr unha cohesión entre a universidade e o barrio das Lagoas e por garantir a seguridade viaria».

Botón volver arriba