Noticias

A vexetación invade a residencia de maiores da Bola

A vexetación invade a residencia de maiores do concello da Bola tras permanecer abandonada e sen actividade dende o ano 2018.

No ano 2018 cesaba a actividade da residencia de maiores da Bola. Coa Garda Civil de por medio, a alcaldesa desaloxaba á empresa concesionaria e pechaba as instalacións. A pesar de varios anuncios para reabrir as instalacións, nada mudou dende aquel momento.

A vexetación invade a residencia de maiores da Bola

Algo máis de catro anos pasaron dende aquel suceso e membros do BNG da Bola denuncian agora o estado de abandono e deterioro das instalacións. Vexetación que se vai instalando dentro das instalacións e que ameaza con deteriorar o mobiliario presente no edificio é algo que se aprecia con claridade.

Nos primeiros meses de 2021, a alcaldesa levou ó pleno municipal unha iniciativa para investir 64.000 euros nun «proxecto de legalización e remate de obras na residencia». A pesares de aprobar este proxecto, a inversión non se realizou.

A vexetación invade a residencia de maiores da Bola

A finais do ano 2022, anunciouse dende a alcaldía a concesión da residencia a unha empresa privada. Seis meses é o prazo que ren esta empresa para acometer a rehabilitación do edificio, ampliar as prazas ata 48 e xestionar o funcionamento do centro. Dende o BNG denuncian que como se pode ver nas imaxes tomadas neste mes de xaneiro de 2023, ningunha actuación se está a realizar nunhas instalacións que avanzan no seu estado de deterioro.

Botón volver arriba