Noticias

Vilamarín queda sen piscina para os cativos

O concello de Vilamarín queda sen piscina para os máis cativos ó ser inutilizado este espazo durante o verán de 2024.

O grupo municipal do BNG no concello de Vilamarín denuncia a situación que moitas familias se atoparon ó acudir ás piscinas municipais.

Vilamarín queda sen piscina para os cativos

«Foron moitos os pais e as nais que quedaron sorprendidas cando acudiron ao recinto e atoparon a piscina adicada ás nenas e aos nenos cuberta con terra, deixando únicamente a piscina grande como alternativa», indicou Breixo Fernández, voceiro municipal.

Vilamarín queda sen piscina para os cativos

Esta situación supón para o BNG «un atranco máis para as familias de Vilamarín que ademais de ver como quedan sen atención pediátrica durante o verán, agora tamén quedan sen un espazo de lecer e esparcemento como é a piscina municipal».

Vilamarín queda sen piscina para os cativos
Breixo Fernández e Lucía González. Foto: BNG

Ante a problemática xurdida, desde o BNG rexistrarán varias iniciativas para «coñecer os motivos deste peche».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.