Noticias

Eladio Santos alerta sobre a violencia machista en Ourense

Durante o acto polo 181 aniversario da Garda Civil en Xinzo de Limia, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, alertou sobre o avance da violencia machista e destacou a vixilancia constante como ferramenta clave na súa loita.

Santos advertiu que “os últimos acontecementos na provincia indícannos que temos que estar vixiantes e seguir proporcionando ferramentas ás vítimas, porque é unha lacra imparable”.

Eladio Santos alerta sobre a violencia machista en Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, fixo este xoves un firme chamamento á sociedade para reforzar “a incansable loita contra a violencia machista, da que Ourense non é allea”. A súa intervención tivo lugar durante a celebración do 181 aniversario da fundación da Garda Civil, que tivo lugar na Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia.

Agradeceu, ademais, “o sacrificio, a entrega e a profesionalidade” dos axentes da Garda Civil, subliñando que máis de 350 mulleres están a recibir protección na actualidade en Ourense por parte deste corpo.

No seu discurso, o subdelegado celebrou a xornada como “un día de festa para unha institución que protexe e coida á cidadanía” e que conta cun elevado prestixio social, especialmente nunha provincia como Ourense, “onde 91 dos 92 municipios son competencia da Garda Civil”.

Eladio Santos alerta sobre a violencia machista en Ourense
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos tamén destacou os múltiples desafíos que afronta o corpo, entre eles a loita contra o crime organizado, a seguridade viaria e, especialmente, a ciberdelincuencia. Advertiu do perigo que supón este fenómeno nunha provincia envellecida como Ourense, onde “é moi importante informar á xente sobre as posibles estafas ás que se pode enfrontar ao prender unha pantalla”.

Finalmente, rematou cunha mensaxe de agradecemento e recoñecemento á Garda Civil, salientando o crecemento da presenza feminina no corpo. “Grazas pola vosa labor e por estar sempre ao lado do pobo”, concluíu.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.