Colaboraciones

De como a miña visión sobre relacións xefe/empregado cambiaron ao longo dos anos

De como a miña visión sobre relacións xefe/empregado cambiaron ao longo dos anos – Pepe Araujo, empresario e concelleiro en Ourense

Corrían os anos 90, estando eu na universidade, cando se puxo de moda o prototipo de xefe que desprendía superioridade pola súa estética e as súas maneiras. A época do yuppy engominado, de camisa de raias e blazer cruzada, cuxo máximo expoñente era Mario Conde. Non había aspirante a avogado, bróker ou emprendedor que non quixese replicar o seu éxito. Ese xefe clasista, vivindo unha vida de luxo e exclusividade, a anos luz da que podían aspirar a ter os seus traballadores.

Unha época na que, no cinema americano, os seus actores de renome interpretaban biopics de brokers que pisaban a todos con tal de conseguir a mellor conta. Todo valía para triunfar. Proxectábannos constantemente e como algo normal o enriquecemento rápido e desapiadado. O triunfo a calquera prezo. A cultura do pelotazo. Debaixo do xefe non había persoas so simples ferramentas que facían gañar diñeiro aos de arriba. Unha total submisión ao poder e ao diñeiro.

Afortunadamente, e co paso dos anos as cousas foron cambiando, e todos nos fomos implicando no traballo en equipo. Precisamente, ao meu entender, é o que pode facernos triunfar, e á vez permitirnos vivir unha vida plena.

O traballo en equipo constrúese desde a asimilación de roles. Todos os integrantes dun equipo de traballo van desempeñar un rol determinado. Empezando polo seu responsable e terminando polo recentemente chegado.

Este saber cal é o papel para desempeñar por cada un conduce a sentirse xustamente valorado, vai desembocar nunha maior implicación, e ese compromiso é o que tamén permitirá irse todos os días a casa sentindo que fixeron o correcto, que cumpriu coa súa parte da responsabilidade.

Un equilibrio que parte do outro “xefe”, que hoxe en día se reconverte en líder. Un líder que consegue alcanzar os obxectivos do grupo, non por vías autoritarias, se non porque é capaz de convencer ao seu equipo para que alcance voluntariamente e por convicción propia, os obxectivos expostos.

Nunha sociedade como a nosa todos deberiamos ter claro que ninguén é superior a ninguén. Simplemente ocupamos lugares e responsabilidades diferentes. Por exemplo, o autobús urbano non funcionará ben se non se mantén un nivel de limpeza adecuado cada día. Na cadea de traballo todas as actividades están unidas dun modo invisible por unha autoresponsabilidade que nace da satisfacción de pertencer a un grupo ben escollido, ensamblado, recoñecido e valorado polos seus líderes.

visión sobre relacións xefe/empregado cambiaron

Calquera relación laboral xefe/empregado baseada en criterios de respecto, consideración, valoración do desempeño e liderado será sempre un éxito. Pola contra, cando a única cualidade do responsable é o autoritarismo, os criterios subxectivos ou a deshumanización do capital humano ao seu servizo, ou ben os empregados non teñen as competencias adecuadas, o fracaso empresarial e de grupo será o balance que se obteña.

Pepe Araújo – empresario e concelleiro en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba