O concello de Xinzo de Limia xa ten cartel para o Entroido 2025 que comezará o 8 de febreiro coa celebración do petardazo.
Considerado o Entroido máis longo de Europa, o cartel da edición de 2025 recolle os elementos máis relevantes desta festa.
Xinzo de Limia xa ten cartel para o Entroido 2025
A tradición, a música e a festa están presentes neste cartel que anuncia un dos Entroidos máis importantes de España.
Na presentación do cartel, o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, animaba á participación. «É un orgullo celebrar un novo Entroido que pon en valor a nosa cultura e hospitalidade. 𝐀𝐠𝐚𝐫𝐝𝐚́𝐦𝐨𝐬𝐯𝐨𝐬 𝐧𝐨 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫 𝐄𝐧𝐭𝐫𝐨𝐢𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐝𝐨!».

Desde o 8 de febreiro ó 9 de marzo, Xinzo de Limia será un dos lugares destacados nos que a cidadanía poderá gozar coa celebración do Entroido. Charangas, comparsas e diversos grupos participarán nun Entroido no que tamén está anunciada a presenza da coñecida Leticia Sabater.
Entre as datas máis destacadas do Entroido 2025 en Xinzo de Limia figuran os cinco domingos de celebración:
- 9 de febreiro – Fareleiro
- 16 de febreiro – Oleiro
- 23 de febreiro – Corredoiro
- 2 de marzo – Entroido
- 9 de marzo – Piñata