Xa temos data para os Xogos de auga que se celebrarán no Xardín do Posío e que estaban previstos inicialmente durante as festas de Ourense.
Dende o martes, 19 de xullo e ata o xoves, día 21, o concello de Ourense organiza uns Xogos de Auga. A actividade, en plena ola de calor, permitirá ós máis cativos gozar con xogos do máis refrescantes.
Xogos de auga no Xardín do Posío
O horario dos Xogos de Auga serán en dobre sesión de mañá e tarde. De 11 a 13h e de 17 a 20h, diferentes actividades estarán en funcionamento.
Destaca entre elas unha mega deslizadeira (40 metros de longo) ademais de simulador de táboa de surf, tobogáns de auga inchable e festa da espuma. As atraccións están adaptadas para nenos e nenas a partir dos 3-4 anos.

A recomendación da organización indica asistir con roupa de baño e gafas de auga.
Un comentario