Unha Xornada de Música e Literatura encheu o Auditorio Manuel María de Barbadás nun evento no que se entregaron os premios do XXVII Certame Literario de Piñor.
A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia organizou este acto que contou coa colaboración do concello de Barbadás.
Xornada de Música e Literatura en Barbadás
O acto constou da actuación de catro grupos musicais que ofreceron ós asistentes unha escolma de repertorio musical galego.
A música tradicional tivo un papel protagonista da man do grupo infantil de música tradicional «Cantagalos», o grupo de cantareiras «Zoadeira», o grupo de cantos de taberna «Cuncas do Son» e a «Banda de Música e Cultura de Galicia».
Intérpretes de distintas idades mostraron no escenario unha gran calidade artística que foi agradecida polo auditorio con intensos aplausos. O público que encheu o Auditorio Manuel María gozou das distintas actuacións nas que se combinaban voces e instrumentos con gran mestría.
Antes da derradeira actuación, tivo lugar a entrega dos premios do XXVII Certame Literario de Piñor. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a tenente de alcalde, Victoria Morenza, a concelleira de Cultura, Ana Peleteiro, e os directivos da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, Iria Calviño, José Manuel Dopazo e Iván Carballo entregaron os premios que foron outorgados a:
Categoría A (maiores de idade):
1.- Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo. Premio entregado por Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
2.- Sandra Fernández Prado, de Poio (Pontevedra). Premio entregado por José Manuel Dopazo, secretario da Asociación.
Categoría B (de 13 a 17 anos):
1.- Hugo Martínez Bizarro, de Ourense. Premio entregado por Victoria Mourenza, tenente de alcalde de Barbadás
2.- Iker Pérez Álvarez, da Pobra de Trives. Premio entregado por Iria Calviño, tesoureira da Asociación.
-Na categoría C (alumnado de Educación Primaria):
1.- Lois González Fernández, de Barbadás. Premio entregado por Ana Peleteiro, concelleira de Cultura de Barbadás
2.- Álex González González, de San Cibrao das Viñas. Premio entregado por Iván Carballo, directivo da Asociación.