O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Provincial Talleres Reparación Vehículos Ourense (Atave).
Esta entidade imparte unha acción formativa para persoas desempregadas financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con máis de 56.000 euros.
A Xunta financia formación para desempregados en Atave
Durante a visita, Manuel Pardo lembrou que a Xunta mantén aberta ata o 30 de novembro a convocatoria 2026-2027 de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), dotada con 60 millóns de euros tras unha recente ampliación orzamentaria.

O representante autonómico destacou que o novo modelo aposta por unha formación máis flexible e adaptada ás necesidades reais do mercado laboral, incorporando microformacións e esixindo que cada acción formativa conte cun compromiso previo de contratación dun mínimo do 30% do alumnado.
Pardo sinalou tamén que na convocatoria 2025-2026 participaron 43 entidades na provincia de Ourense, desenvolvendo 117 accións formativas e máis de 60.000 horas de formación, financiadas con máis de 6 millóns de euros da Xunta.

