O Ourense Atletismo Feminino recibiu esta mañá unha homenaxe institucional da Xunta de Galicia polo seu recente ascenso á División de Honor, a máxima categoría do atletismo estatal por equipos.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu ás integrantes do club no salón de actos da Delegación Territorial, nun acto de recoñecemento ao éxito deportivo acadado pola entidade ourensá.
A Xunta recoñece o ascenso do Ourense Atletismo Feminino
Durante a recepción, Manuel Pardo felicitou ás deportistas polo traballo realizado ao longo da tempada e destacou o esforzo, a constancia e o compromiso que lles permitiron conseguir un fito histórico para o atletismo feminino da provincia.

Como mostra de recoñecemento, o delegado territorial fixo entrega ás compoñentes do club dunha placa conmemorativa polo ascenso á División de Honor, un logro que consolida ao Ourense Atletismo Feminino entre os mellores equipos do panorama estatal.

