O partido da Copa do rey que disputará o Ourense CF provocará cortes no entorno do estadio do Couto durante esta tarde.
As rúas Simón de Monasterio e Carlos Maside permanecerán pechadas dende as 15h mentres a Rúa do Serán quedará pechada dende as 14:30h.
O encontro entre o Ourense CF e a AD Alcorcón dará comezo ás 17h. Durante o período de restricións, haberá unha parada de taxis provisional na Praza Sorolla.