A localidade de A Mezquita, no concello da Merca, celebra o seu entroido cos Galos, figura característica do lugar con máis de 250 anos de tradición.
Un dos entroidos máis importantes da provincia de Ourense polo seu arraigo e valor histórico é o de San Pedro da Mezquita.
A Mezquita celebra o seu entroido cos Galos
Esta localidade do concello da Merca é coñecida pola súa Igrexa Románica e pola figura dos Galos, figura coa que celebran o Entroido. Neste ano 2023, a localidade recupera as actividades tradicionais e presentan un programa de tres días.
Como cabe esperar, os Galos son os protagonistas principais dunha festa na que non faltará a música de charanga. A continuación podemos ver as actividades principais:
Domingo, 12 de febreiro
- Corredoiro do Galo a partir das 17h
Domingo, 19 de febreiro
- Entroido con Galos e pequeno pasarrúas pola mañá
- Comida Veciñal
- Entroido con Galos pola tarde coa charanga Os Escachapeitos.
Martes, 21 de febreiro
- Entroido con Galos e pequeno pasarrúas