A programación de Entroido no concello de Ribadavia para o ano 2023 recupera a máscara e o traxe da Botarga, elemento tradicional da zona.
Entre as actividades que atopamos no programa de Entroido 2023 atópase un obradoiro organizado pola OMIX de Ribadavia para por en valor a Botarga. Música de charangas, Broken Peach ou DJ Tibu son algunhas das propostas que poderemos gozar durante estas datas.
Programación de Entroido en Ribadavia
Non faltará tampouco o desfile de carrozas e comparsas do domingo de entroido e a festa e concurso de disfraces do martes 21.
- Xoves, 9 de febreiro
Xoves de Compadres (20:30h)
- Xoves, 16 de febreiro
Desfile do CEIP Ribadavia (11:30h)
Comparsa e charanga do alumnado do Conservatorio e a Escola Municipal de Música (16:30h)
Xoves de Comadres (21h)
- Venres, 17 de febreiro, e sábado, 18 de febreiro
Obradoiro de recuperación do traxe e máscara tradicional do Ribeiro (A Botarga)
- Domingo, 19 de febreiro
Desfile de Entroido con comparsas, carrozas, tabaleiros, charangas, etc.. (17h)
- Luns, 20 de febreiro
Festa de disfraces do Club Artístico para nenos e nenas (16:30h)
Concerto de Broken Peach na Alameda (22:30h)
- Martes, 21 de febreiro
Festa e concurso de disfraces (15:30h)
Categorías: Infantil (ata 12 anos), Adultos (+13) e Grupal (+ de tres persoas)
Cé Orquestra – Home Osquestra
Dj Bollo e DJ Tibu
- Mércores, 22 de febreiro
Enterro da Sardiña