O PSdeG-PSOE presentou ós seus candidatos dos concellos da Baixa Limia que afrontarán o reto das eleccións municipais do mes de maio.
Achégase a celebración das eleccións municipais e pouco a pouco vamos coñecendo ás persoas que encabezarán as distintas listas electorais.
O PSdeG-PSOE presentou ós seus candidatos da Baixa Limia
Nun acto que tivo lugar en Lobios, o Partido Socialista presentou ós candidatos que encabezarán estas listas nos concellos da Baixa Limia. Ós actuais alcaldes de Entrimo e Calvos de Randín súmanse os candidatos á alcaldía nos concellos de Muíños, Bande e Lobios.
Os cinco candidatos estiveron acompañados por Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial dos socialistas, Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, Uxía Tizón, deputada no Congreso, e Marina Ortega, deputada no Parlamento de Galicia.
Nas intervencións realizadas durante o acto non faltaron as alusións á prolongación da AG-31, o Parque do Xurés Baixa Limia, a actividade industrial ou despoblación.
“Os responsables de que nos atopemos nesta situación son as persoas que teñen capacidade, competencia e diñeiro para decidir sobre se o territorio progresa ou se estanca”, indicou Ramón Alonso, actual alcalde e candidato á alcaldía de Entrimo.
Marina Ortega destacou «a política de vocación» dos concelleiros para levar a cabo unha «política construtiva» fronte á política de «confrontación» doutros partidos. Pola súa parte, Uxía Tizón defendeu o valor do rural e as aldeas por ser «a alma do país».