Seixalbo instala un punto público de cesión de libros que estará en funcionamento a partir deste domingo, 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro.
Con este xesto, Seixalbo únese á rede mundial Bookcrossing, e pon en funcionamento este servizo que estará situado no Parque Infantil da Vila de Seixalbo.
Seixalbo instala un punto público de cesión de libros
O servizo será gratuíto e contou coa colaboración da veciñanza para reunir mediante doazóns de máis dun cento de libros. Os libros que formarán parte desta iniciativa son de diversas temáticas e para todas as idades, dende literatura infantil, novela histórica ou ensaio.
Nun primeiro momento, este punto de cesión de libros contará con 60 títulos. Esta iniciativa a nivel internacional permitiu por a disposición da poboación de 150 países un total de máis de 19 millóns de libros.