Nove concellos da provincia de Ourense fan fronte común ante o despoboamento que sofren os seus territorios do rural ourensán.
Esta iniciativa pretende solucionar a falta de vivenda en alugueiro que permita ás familias interesadas poder asentarse nestes concellos.
Nove concellos fan fronte común ante o despoboamento
Oímbra, Boborás, Porqueira, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadañedo, Esgos, Coles, San Xoán de Río e Taboadela forman este grupo de concellos que elaborou a iniciativa. Outros proxectos realizados nos últimos anos permitiu coñecer que unha das problemáticas na loita contra o despoboamento é a falta de vivenda en alugueiro.
Algunha das razóns para que as vivendas existentes non se destinen a alugueiro son a reticencia da poboación en fomentar o seu uso, o descoñecemento en materia de rehabilitación enerxética e subvencións. O proxecto presentando pretende dotar a estes concellos de 200 vivendas nos dous próximos anos.
Para lograr este obxectivo, os integrantes desta iniciativa porán en funcionamento varias estratexias que permitan establecer un fondo de vivendas en alugamento no medio rural.