O concello de San Xoán de Río lidera un proxecto do rural ourensán ó acoller a oficina da iniciativa Ourense Rural é Vida.
Esta iniciativa foi presentada no centro cultural Marcos Valcárcel coincidindo co aniversario da Axenda 2030.
San Xoán de Río lidera un proxecto do rural ourensán
A oficina de Rehabilitación enerxética terá como finalidade aportar solucións ós problemas detectados a través dos estudos realizados nos dous últimos anos.
Un dos principais problemas para frear a perda de poboación nestes concellos é a escasa oferta de vivendas. Entre as alternativas que se ofrecerán figura un asesoramento gratuíto das axudas e subvencións existentes para a rehabilitación enerxética.
Os concellos que forman parte desta iniciativa son: San Xoán de Río, Taboadela, A Teixeira, Oímbra, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Boborás, Punxín, Muíños, Vilariño de Conso, Larouco e Porqueira