Noticias

Máis de 600 sinaturas para pedir pediatras

Veciños dos concellos de Coles, Amoeiro, A Peroxa e Vilamarín presentaron máis de 600 sinaturas para pedir pediatras na súa comarca.

Durante o verán de 2024, varios centros de saúde da provincia de Ourense quedaron privados do servizo de pediatría ante a ausencia de profesionais.

Máis de 600 sinaturas para pedir pediatras

Ante esta medida, o BNG presentou varias iniciativas no Parlamento de Galicia que non obtiveron resposta por parte da Xunta. En Amoeiro, o centro de saúde conta con servizo de pediatría dous días a semana.

Marcos Blanco, responsable do BNG en Amoeiro, indica que «isto provoca que as crianzas destes concellos teñan que desprazarse para ser atendidas, ou ao Centro de saúde de Ribadavia ou mediante as urxencias do CHUO».

Máis de 600 sinaturas para pedir pediatras
Foto: BNG

O deputado Iago Tabarés, lembra que «por desgraza, esta situación non é algo excepcional, hoxe estamos a falar destes dous concellos, pero xa estivemos aquí reclamando para o do Pereiro de Aguiar, con mobilización no Carballiño, Xinzo de Limia, no Barco de Valdeorras…».

Botón volver arriba