A veciña do concello de Barbadás, Uxía Romero Saco, gañou a medalla de prata no Campionato de Europa de Halterofilia Junior.
Disputado na cidade de Raszyn (Polonia), este Campionato foi o escenario onde esta deportista de 19 anos lograría dúas medallas.
Uxía Romero gañou a medalla de prata en Halterofilia
Ademais da medalla de prata en arrancada, Uxía Romero tamén logrou a medalla de bronce na modalidade de dous tempos.