Eventos

Programa do Entroido de Sande 2025

O programa do Entroido de Sande do ano 2025 contará con tres días de actividades con principal protagonismo das bonitas.

O sábado, 1 de marzo, o domingo, día 2, e o martes, 4 de marzo son as datas sinaladas para festexar este entroido no concello de Cartelle.

Programa do Entroido de Sande 2025

Entre as actividades propostas figuran citas gastronómicas, o percorrido das bonitas pola parroquia e a captura do Oso.

Programa do Entroido de Sande 2025

Sábado, 1 de marzo

  • Xantar nas adegas de Mogos
  • Animación musical cos gaiteiros «Somos nós»
  • Saída e captura do Oso
  • Degustación de «Sopa de Pedra»

Domingo, 2 de marzo

  • As bonitas reciben ós feligreses á saída da misa
  • Percorrido polas aldeas da parroquia

Martes, 4 de marzo

  • Percorrido das Bonitas, Oso, Vaca e Avutardas polo pobo con charanga
  • Xantar popular
  • Procesión ata o cruceiro co «toxo licoreiro»
  • Tarde de música, baile e os nosos «números»
Programa do Entroido de Sande 2025

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.