Eventos

Programa do Entroido de Ribadavia 2025

Coñecemos o programa do Entroido de Ribadavia para este ano 2025 cunha programación que comeza o xoves, 20 de febreiro, e remata o sábado, 8 de marzo.

O concello de Ribadavia organiza esta programación que comezará coa celebración do xoves de compadres.

Programa do Entroido de Ribadavia 2025

A continuación vemos as citas máis destacadas que atopamos no Entroido de Ribadavia.

Programa do Entroido de Ribadavia 2025
  • Xoves, 20 de febreiro
    Compadres con acompañamento de charanga.
  • Xoves, 27 de febreiro
    Comparsa e charanga do conservatorio profesional e a escola municipal de música.
  • Venres, 28 de febreiro
    Desfiles do centro educativo Galiña Azul ás 10:30h, do CR Amencer ás 11h e do CEIP de Ribadavia ás 11:30h.
    Desfile de comadres do Ribeiro con acompañamento dunha charanga.
  • Sábado, 1 de marzo
    Grupo Assia ás 23h.
  • Domingo, 2 de marzo
    Desfile con charangas e carrozas ás 17:30h
  • Luns, 3 de marzo
    Festa de disfraces infantil ás 17h.
    Baile de máscaras con disco móbil MVP ás 23h.
  • Martes, 4 de marzo
    Xantar popular na Alameda ás 14:30h.
    Actuación do Pallaso Popín ás 16h
    Actuación musical na Alameda ás 17h.
  • Sábado, 8 de marzo
    Sábado de piñata cunha charanga

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.