Barcia celebra as Festas na Honra do Santo Cristo con música, gastronomía e actividades infantís.
Do 30 de maio ao 1 de xuño, a localidade de Barcia, no concello de Melón, acollerá as tradicionais Festas na Honra do Santo Cristo cun completo programa que combina música en directo, gastronomía popular e entretemento para todas as idades.
Festas do Santo Cristo en Barcia (Melón) 2025: programa completo
A celebración arrincará o xoves 30 ás 21:30h cunha cea popular na Fonte do Regueiro. Na cea poderase degustar porco ó espeto, xabarín, empanada e polbo. A verbena estará amenizada polo Dúo Ángel América, a charanga Sorcha Showband e a disco móbil BYV, garantindo unha noite de festa ata altas horas.
O venres 31 terá lugar un pasarrúas a cargo de Xiada, seguido ás 17:00h dunha festa infantil no campo de fútbol, con inchables e animadores de balde. Pola noite, ás 22:30h, volverá a música en directo coa actuación do grupo Claxxon Xtra e o seu trío.

O programa pecharase o sábado 1 de xuño cun novo pasarrúas de Xiada e, ás 13:15h, misa na honra do Santo Cristo. Ó remate da misa haberá unha sesión vermú amenizada polo grupo Xiada.