Noticias

Cristina Pato publica Fóra de foco, unha novela sobre arte, identidade e silencio

A escritora, música e educadora Cristina Pato regresa ás librarías cunha nova novela, Fóra de foco, publicada por Editorial Galaxia.

Logo do éxito do seu debut literario con No día do seu enterro (2022), Pato mergúllase agora nunha historia de procura e reflexión protagonizada por dúas mulleres marcadas pola arte e o silencio.

Cristina Pato publica Fóra de foco, unha novela sobre arte, identidade e silencio

A trama de Fóra de foco xira arredor de Marieta Carracedo, unha xornalista madrileña que se obsesiona coa enigmática figura da fotógrafa neoiorquina Basil Cancela.

No cumio da súa carreira, Cancela decide desaparecer da escena pública e destruír toda a súa obra, xerando un misterio que leva a Marieta a emprender unha viaxe que transcende a investigación xornalística e a mergulla nun proceso íntimo de autocoñecemento.

A novela desenvolvese entre Nova York, Galicia e Madrid, e propón unha análise contemporánea das tensións da vida moderna: a fronteira entre o público e o privado, a ambición profesional fronte á soidade persoal, a memoria fronte ao esquecemento.

Con estilo contido e mirada lúcida, Pato constrúe un relato de silencios, eleccións e límites vitais, que convida á lectura pausada e á reflexión sobre as razóns que levan a unha artista a destruír a súa propia obra.

Cristina Pato publica Fóra de foco, unha novela sobre arte, identidade e silencio
Fora de Foco. Novo libro de Cristina Pato

Presentación de Fora de Foco

A presentación de Fóra de foco celebrarase en Ourense con dúas citas destacadas:

  • Luns 16 de xuño, ás 20h, na libraría Tanco: Cristina Pato estará acompañada polos escritores Juan Tallón e Marcos Calveiro, este último director de Edicións de Editorial Galaxia.
  • Mércores 18 de xuño, ás 18h, na Feira do Libro de Ourense, na caseta da libraría Nobel.

Cristina Pato: entre a literatura, a música e a docencia

Centrada actualmente na escritura e na educación, Cristina Pato continúa a súa colaboración coa Universidade de California, Santa Barbara. Alí traballa con figuras recoñecidas como o neurocientífico Kenneth S. Kosik. Tamén mantén unha liña de traballo coa música e pediatra Lisa M. Wong na Universidade de Harvard, a través do curso The Intersection of Art and Medicine: An Experiential Approach.

En abril deste ano, a autora foi recoñecida co Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, outorgado pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.