O concello de Melón vivirá intensamente as Festas do Corpus 2025 entre os días 20 e 22 de xuño, cun completo programa que combina tradición, música en directo e celebración gastronómica para todos os públicos.
A cita arrinca o xoves 20 ás 21:00 horas cun cea popular que inclúe churrasco, chourizo e rosca.
Melón celebra as Festas do Corpus 2025
A organización xa anunciou que as entradas están esgotadas, o que anticipa un inicio multitudinario. A partir das 22:30, a verbena estará animada pola discoteca móbil Triunfo, Apocalipsis e o grupo JJ Compota.
O venres 21, desde as 17:00, haberá pasarrúas con gaiteiros que percorrerán todos os pobos da parroquia. Ás 21:00 comezará a venda de bolos preñados e ás 22:30 celebrarase unha nova verbena, desta volta a cargo das orquestras América SL e o Trío Tic Tac.
As festas pecharanse o sábado 22 cunha misa solemne e a tradicional procesión ás 12:00 horas. A continuación, terá lugar unha sesión vermú a cargo de Begoña Mazaira e Rubén Prado, poñendo o broche final cun ambiente musical e festivo.
