Eventos

Taboadela enche o verán de cultura cos Xoves Culturais

A cultura volve tomar a Praza do Concello de Taboadela este verán coa celebración dos Xoves Culturais, unha proposta que encherá as noites de xullo e agosto de espectáculos gratuítos pensados para todos os públicos.

A partir do 3 de xullo, cada xoves haberá unha nova cita co humor, a maxia, a música e a diversión.

Taboadela enche o verán de cultura cos Xoves Culturais

A programación arrinca o 3 de xullo con Maxia Demente, e continuará coas seguintes actuacións:

  • 10 de xullo: Cabicivai
  • 17 de xullo: Piano Bar
  • 24 de xullo: Humor a la Cara
  • 31 de xullo: Chungo que te cagas, a cargo de Peter Punk
  • 7 de agosto: Sinfonía Caótica
  • 21 de agosto: Árbore das Palabras, nesta ocasión cun cambio de localización e horario: será na piscina municipal ás 19:00 h.

Todos os espectáculos, agás o do 21 de agosto, comezarán ás 22:00 h e serán de balde, nunha aposta decidida do Concello de Taboadela por achegar a cultura á veciñanza e dinamizar as noites de verán no municipio.

Taboadela enche o verán de cultura cos Xoves Culturais

Unha programación variada, para rir, sorprenderse e gozar ao aire libre, coa cultura como protagonista.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.