Noticias

O PSdeG leva ao Pleno a demanda dun pavillón de ximnasia en Ourense

A voceira socialista Natalia González insta á Xunta, Concello e Deputación a comprometerse coa construción dunha infraestrutura prometida hai máis dunha década.

Ourense continúa sen contar cun pavillón específico para a práctica da ximnasia malia as promesas realizadas ao longo dos últimos once anos.

O PSdeG leva ao Pleno a demanda dun pavillón de ximnasia en Ourense

Así o denuncia a voceira do PSdeG no Concello, Natalia González, quen defenderá no vindeiro Pleno ordinario de xullo unha moción que insta á Xunta de Galicia, ao Concello de Ourense e á Deputación Provincial a adquirir un compromiso institucional conxunto para impulsar a construción definitiva dun novo pavillón multiusos dedicado a esta disciplina.

O PSdeG leva ao Pleno a demanda dun pavillón de ximnasia en Ourense

Ourense é terra de ximnasia e de grandísimos e grandísimas ximnastas, adestradores e clubs que escribiron a súa historia a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional”, destacou González. Na súa intervención, lamenta as promesas incumpridas por parte das distintas administracións e a falta de vontade política para dotar aos deportistas de instalacións dignas.

A socialista lembrou que en febreiro de 2014 o delegado territorial da Xunta en Ourense anunciaba a construción dun polideportivo en Mariñamansa cun orzamento estimado de tres millóns de euros. “Daquela xa se recoñecía que non existía un espazo axeitado para a práctica da ximnasia na cidade, pero once anos despois seguimos igual”, criticou.

González tamén fixo referencia ao anuncio feito en xuño de 2024 polo actual alcalde e o concelleiro de Deportes sobre un novo pavillón para ximnasia. “Non existía nin concreción nin colaboración solicitada a outras administracións”, denunciou.

Ante esta situación, o PSdeG volve a pedir que se inclúa unha partida nos Orzamentos Xerais da Xunta de Galicia para 2025 destinada á construción do pavillón. A proposta xa fora rexeitada polo Partido Popular, pero desde o grupo municipal insisten en que “as tres administracións deben poñerse de acordo para acadar un compromiso real e definitivo”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.