Eventos

O Espazo OZOCOgz acolle o conto musical O Desencantamento

O Espazo OZOCOgz do Carballiño será escenario este sábado 15 de novembro, ás 12.00 horas, dunha nova proposta cultural pensada para crianzas e tamén para o público adulto.

Trátase de O Desencantamento, un fermoso conto musical narrado pola engaiolante voz de Judit Santos e acompañado pola singular música de Cé orquestra pantasma e os seus máxicos trebellos sonoros.

O Espazo OZOCOgz acolle o conto musical O Desencantamento

Esta actividade chega da man de Miudiño, editora do libro conto homónimo, escrito por Rafa Quintía e baseado na tradición oral galega, en colaboración con Ab Origine.

O Espazo OZOCOgz acolle o conto musical O Desencantamento

A historia, definida como “un relato de valor e decisión”, ten como protagonistas á moura Bibiana e ao neno Brais, dous personaxes que guiarán ao público nunha viaxe chea de maxia, emoción e aprendizaxe.

Con esta proposta, o Espazo OZOCOgz continúa a súa programación cultural apostando pola narración oral e a música en directo como ferramentas de transmisión do patrimonio inmaterial galego.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.