Noticias

Castrelo acolle a XXVII San Silvestre

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da XXVII edición da Carreira San Silvestre.

Esta proba deportiva celebrarase o 31 de decembro no Parque Naútico de Galicia, no concello de Castrelo de Miño.

Castrelo acolle a XXVII San Silvestre

O acto tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, onde se puxo en valor a consolidación desta carreira popular como unha das citas deportivas máis destacadas do peche de ano na provincia.

Castrelo acolle a XXVII San Silvestre
Foto: Delegación da Xunta

A San Silvestre de Castrelo de Miño reúne cada Nadal a centos de participantes e público, combinando deporte, lecer e convivencia.

Durante a presentación, Manuel Pardo destacou a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar a práctica deportiva, dinamizar o territorio e reforzar a actividade social e económica nos concellos ourensáns, especialmente en datas sinaladas como o Nadal.

A Carreira San Silvestre de Castrelo de Miño celebrarase o vindeiro martes 31 de decembro no entorno do Parque Naútico de Galicia, cun percorrido adaptado a diferentes idades e niveis, mantendo o seu carácter popular e festivo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.