Noticias

Pazolandia supera os 25.000 visitantes no Nadal

Pazolandia pecha as súas portas tras un Nadal de gran éxito no Pazo dos Deportes Paco Paz, cun balance que confirma este evento como referente do lecer familiar en Galicia.

Durante as festas, 25.578 persoas visitaron o parque, con presenza de familias de todas as provincias galegas e tamén doutras zonas de España.

Pazolandia supera os 25.000 visitantes no Nadal

O Servizo de Deportes da Deputación de Ourense destacou a crecente chegada de visitantes de fóra de Galicia, que apostan por Ourense como destino vacacional ou regresan ás súas raíces nestas datas. Nesta edición rexistráronse asistentes procedentes de Madrid, Sevilla, Zaragoza, Valencia, Toledo, Bilbao, Barcelona, Ceuta e Oviedo.

Pazolandia supera os 25.000 visitantes no Nadal
Foto: Deputación de Ourense

Os concellos volveron amosar a súa fidelidade a Pazolandia, con 2.826 asistentes chegados a través de excursións organizadas por 62 municipios. Ademais, máis do 90 % dos concellos da provincia tiveron representación, con visitantes procedentes de 85 concellos ourensáns.

Un Nadal para todos

O presidente da Deputación, Luis Menor, subliñou “a importancia de impulsar iniciativas que cheguen a todo o territorio, garantindo que ningún neno quede atrás e facilitando a conciliación familiar nestas datas”.

No ámbito social, participaron 2.877 persoas de centros invitados, como Amigos da Barrela, Fundación Morea, centros de menores, Fundación Meniños, Cáritas, Cruz Vermella, Amencer ou As Burgas.

As enquisas ás familias reflicten un alto grao de satisfacción, cun modelo de parque adaptado a nenos e nenas desde os 12 meses. A venda online consolidouse como principal canle, con 14.249 entradas, case tres de cada catro do total.

Botón volver arriba