Noticias

Xunta e Taboadela avalían vías de colaboración municipal

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Taboadela, Álvaro Vila.

A reunión serviu para analizar as principais necesidades do municipio nos ámbitos de competencia autonómica e avaliar posibles vías de colaboración institucional.

Xunta e Taboadela avalían vías de colaboración municipal

Durante o encontro, Manuel Pardo subliñou a relevancia da cooperación entre a Administración autonómica e a local como ferramenta clave para garantir servizos e dotacións que permitan equilibrar as condicións de vida e de traballo en todo o territorio.

Xunta e Taboadela avalían vías de colaboración municipal
Foto: Delegación da Xunta

Nesa liña, trasladoulle ao rexedor o compromiso da Xunta de traballar de forma conxunta no desenvolvemento de iniciativas orientadas a garantir o benestar dos veciños e veciñas de Taboadela.

A reunión permitiu poñer sobre a mesa distintas cuestións de interese para o municipio, co obxectivo de coordinar actuacións futuras que contribúan ao seu desenvolvemento e á mellora da calidade de vida da poboación, reforzando así a presenza e o apoio da Xunta de Galicia no ámbito local da provincia de Ourense.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.