Noticias

A Xunta e o Concello de Monterrei analizan as prioridades locais

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, para analizar as principais necesidades do municipio de Monterrei en ámbitos que dependen da Administración autonómica.

A xuntanza permitiu avaliar as prioridades locais e coñecer de primeira man as demandas do concello.

A Xunta e o Concello de Monterrei analizan as prioridades locais

Esta información permitirá mellorar a coordinación institucional e avanzar en solucións que redunden no beneficio da veciñanza. Ambas partes coincidiron na importancia de manter unha comunicación fluída para optimizar recursos e impulsar actuacións nas competencias da Xunta.

A Xunta e o Concello de Monterrei analizan as prioridades locais
Foto: Delegación da Xunta

O encontro enmárcase na liña de traballo da Xunta en Ourense para reforzar a cooperación cos concellos, atendendo ás súas necesidades específicas e promovendo vías de colaboración que favorezan o desenvolvemento local.

Botón volver arriba